Saturday 04 de May de 2024

Festas en Guindibó na honra a Santo Antonio


Terán lugar este sábado e estarán amenizadas pola orquestra D’Momento

Este vindeiro sábado, 11 de xuño, os veciños e veciñas de Guindibó, na parroquia ordense de Santa Cruz de Montaos, celebrarán a súa festa na honra a Santo Antonio. Ás 13 horas haberá misa solemne na capela do santo e estará seguida de sesión vermú a cargo da orquestra D´Momento, que se encargará novamente de facer bailar a todas e a todos na verbena nocturna. Ademais de todo isto tamén haberá polbeira para as persoas que queiran repoñer forzas no lugar. Unha vez máis a comisión de festas conta coa colaboración do Concello de Ordes para levar a cabo esta celebración.